Toy Library

A máxia de Gola comeza na “Toy Library”, un formato innovador de 6 horas á semana para nenos de 3 a 12 anos, cunha metodoloxía propia, nun entorno familiar e natural 100% inglés, onde os goliños disfrutan realizando diversas actividades.

gola toy library boy

Etapas

A personalización dos grupos e que os nenos se sintan en confianza é necesaria para a correcta adquisición do idioma.

NIVEL 1

Little Gola

De 3 a 6 anos

NIVEL 2

Toy Library 2

De 1º a 4º de Primaria

NIVEL 3

Toy Library 3

5º e 6º de Primaria

storytelling room
funny mascota

Storytelling

Co conta-contos, fortalécese o vínculo cos nenos, poténciase a súa imaxinación, habilidades como escoitar, visualizar e fantasear, a adquisición de vocabulario, familiarización cos sons novos e coa musicalidade do idioma, memorización de frases feitas e moito máis.

Crafts

Os nosos goliños, coas súas creacións, teñen a oportunidade de expresarse, desenvolver a súa personalidade e creatividade, ademais de realizar proxectos en equipo.

crafts room
buble.green
sala juegos gola

Games

En Gola utilizamos xogos que se adapten ás idades dos nosos goliños e á súa capacidade de adquirir o idioma, estimulando á súa vez as súas habilidades lingüísticas e motoras.

Karaoke

Co karaoke conseguimos varios obxectivos: os nenos expresan os seus sentimentos, adquiren novo vocabulario de forma subconsciente, estímulase a entoación e o ritmo, e aprenden sen decatarse.
KARAOKE ROOM
mascota funny
KITCHEN
buble pink

Kitchen

É a actividade favorita dos goliños. Aproveítase esta actividade para o máximo rendemento, aprendendo de forma intuitiva conceptos ambiguos que na práctica se adquieren con naturalidade.

Stem

A nosa aula STEM é un espazo no que os nosos goliños se converten en científicos! Realizan actividades relacionadas coa ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas.

Pónense á proba as súas capacidades de observación, análise e experimentación, buscando as palabras axeitadas.

stem room

Este es Funy

A nosa mascota representa e forma parte do mundo Gola.

Funy dános alegría, diversión, curiosidade e tamén nos anima coas súas travesuras e xogos. Inspíranos valores como a amizade, a tolerancia e o respeto.

Encántannos as súas visitas!

mascota funny
Horarios

O tempo de exposición a un novo idioma é un factor determinante para a súa correcta adquisición.

Recomendamos 6 horas á semana.

Luns a Venres

16.30h a 19.30h

Sábados

10.00h a 13.00h

Se che gusta a nosa proposta de aprendizaxe, podes contactarnos para inscribirte en Gola!

 
Ir o contido