“Gola The Toy Library” nace en outubro de 2013 coa filosofía de crear un ambiente completamente en inglés que motive aos máis pequenos a aprender esta lingua de forma natural e divertida.
Ademais do noso método, apostamos por un novo formato de 6 horas á semana: os nenos, ademais de aprender inglés, séntense parte de Gola, xa que a nosa escola convértese no seu fogar.
Os anos pasan, os goliños enfróntanse a novas etapas e retos, e GOLA medra con eles.
Creamos novos espazos para estimular todo o seu potencial, organizando o GOLA’S CLUB onde os nosos adolescentes poden seguir aprendendo de forma lúdica.
Tamén decidimos preparalos para que poidan acreditar o seu nivel, optando por Trinity College. Dende 2021, somos Centro Oficial Examinador cun nivel de aprobados do 100%.
Seguimos medrando con eles para que alcancen as súas metas.
Ferramentas de accesibilidade