“Os nenos están preparados para aprender idiomas igual que os paxaros están programados para cantar ou migrar, ou as arañas para tecer as súas teas.”
David Marsh (adaptado de "Teaching with Foreign Languages")
É fundamental para a adquisición dunha segunda lingua que o contido e a lingua se desenvolvan con confianza. Buscando o equilibrio entre a comunicación e a perfección lingüística, que debe desenvolverse de forma gradual, acorde coas idades e competencias.
A integración implica a aceptación de toda variedade de linguaxes. Por iso é importante aceptar a realidade das diversas variedades de inglés (británico, americano, australiano, europeo…).
“GOLA The Toy Library” baséase no ensino dual contido-lingua, nunha aprendizaxe progresiva do idioma. As estruturas gramaticais deben ser axeitadas ao contexto no que se produce a aprendizaxe, para unha comprensión correcta. Isto, sumado a un ambiente relaxado e natural, favorece a motivación e a retención de contidos.
En termos xerais, os contidos desenvólvense dentro dunha programación anual baseada na selección previa de contos que son adaptados a diversos grupos de alumnos con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. A planificación debe adaptarse ás características dos alumnos e ás súas capacidades.
Ferramentas de accesibilidade